LOCALIZACIÓN

A nosa ubicación atópase a un paso do Campus Sur da USC, localizada na parte con máis vida da cidade, onde reside a maior parte do alumnado da universidade. Debido ao tamaño da cidade, se a túa facultade se atopa no Campus Norte ou o Campus Histórico, non terás problemas para chegar en non máis de quince minutos.

MOVERSE POlA CIDADE

A cidade de Compostela é moi pequena, así que non terás ningún problema para moverte a pé dun lado ao outro. Aínda así, dispós de varios métodos de transporte:

02

no Bus

A cidade conta cunha rede de liñas de autobuses que che permiten mover dunha punta á outra sen mollarte, importante! Aquí poderás ver as prestacións que tes por ser estudante.

01

no Tren

A estación de tren que se atopa a 10 minutos da nosa residencia, conéctate coas principais cidades e vilas galegas. Aquí poderás saber máis sobre o servizo.

03

na Bicicleta

A USC anima cada ano ao seu alumnado a moverse pola cidade en bicicleta para fomentar o seu uso e reducir outros transportes que contribúen ao quecemento do planeta. Aquí poderás saber máis do seu servizo de préstamo.

Rúa Santiago del Estero 3, 5º

Santiago de Compostela

Tel: 653 519 619

Enviar mensaxe aquí

     Chat de

© Residencia Universitaria GARVI 2019