Unha cidade para comer



Compostela, como capital de Galicia, exemplifica toda a tradición e riqueza gastronómica dunha cociña admirada pola soberbia calidade dos seus ingredientes, do mar e da terra, na que teñen cabida desde o máis tradicional ata o máis innovador. Por iso a gastronomía é sen dúbida un dos principais atractivos da nosa cidade.


O estandarte da boa mesa local lévano os crustáceos e os moluscos, grupo variopinto que todos chaman, simplemente, ‘marisco'. Cigalas, lagostinos, gambas, camaróns, navallas, ostras, vieiras, mexillóns, ameixas, berberechos, zamburiñas, santiaguiños, centolas, lagostas, lumbrigante, bois de mar ou nécoras que se serven cocidos ou á grella, do tempo ou quentes, pero sen mollos que disfracen as súas calidades, que medran –di a tradición- nos meses con ‘r', é dicir, de setembro a abril.


Merece mencionarse á parte o polbo á galega, é dicir, cocido e bañado en pementón e aceite de oliva. Hai que probalo tamén guisado con cachelos (patacas). Os mariscos poden entrar, ademais, en sopas, arroces e paellas; en croquetas, escabeches ou empanadas. Como tapa, como ración, como pincho nunha festa ou entrante, a empanada énchese con carnes ou peixes e mariscos en ousadas combinacións, entre as que destaca o bacallau con pasas.

O primeiro prato por excelencia é o caldo galego, que agacha os milagres que obran xuntos as patacas, fabas e grelos ou verzas cociñados con unto, esa manteiga de porco afumada omnipresente nos pratos de inverno.


Pasamos á sobremesa


Aquí non acaban as opcións da sobremesa. Compostela legou á gastronomía galega a chamada torta de Santiago, que nos seus 200 anos de historia soubo mesturar as proporcións xustas de améndoa moída, ovos, azucre, manteiga e pintiñas de canela debaixo dun manto de azucre en pé que debuxa a cruz do Apóstolo. Se se quere terminar a comida con queixos as opcións son moitas, porque Santiago está arrodeada de bos produtores de queixos, como os de Arzúa-Ulloa, os do Cebreiro, ou os de San Simón, puntiagudos e afumados. Reina entre eles o queixo de tetilla, de sabor suave pola súa corta maduración, e inconfundíbel pola súa forma.

Rúa Santiago del Estero 3, 5º

Santiago de Compostela

Tel: 653 519 619

Enviar mensaxe aquí

     Chat de

© Residencia Universitaria GARVI 2019